
Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
No contexto educativo actual, a capacidade de crear contido multimedia de alta calidade é unha interesante opción para transmitir e reforzar conceptos para o alumnado, tanto universitario como doutras etapas educativas. Coa finalidade de capacitar na produción dos seus propios vídeos educativos, deseñouse este curso de captura e edición de vídeo utilizando software libre. Este curso proporcionará aos participantes as habilidades básicas necesarias para gravar, editar e producir vídeos que enriquecerán as súas áreas educativas e/ou administrativas e facilitarán a aprendizaxe dos seus estudantes e compañeiros de área.
A captura de vídeo é o primeiro paso na creación de contido multimedia. Neste curso empregarase unha completa ferramenta de captura de vídeo que poderá usar diversas fontes (diferentes pantallas, cámaras web, micrófono...), combinar esas fontes e establecer diferentes escenarios intercambiables. O curso centrarase no uso de software libre OBS Studio, amplamente empregado entres os creadores de contidos multimedia.
Unha vez capturado o vídeo, o seguinte paso é a edición. Este proceso inclúe a organización de clips, a adición de efectos visuais e sonoros, e a exportación do produto final nun formato adecuado. O curso centrarase no uso de software libre Shotcut, ofrecendo unha guía detallada sobre como utilizar esta ferramenta para crear vídeos atractivos e profesionais.
Competencias a desenvolver
Ao finalizar o curso o participante:
- Coñecerá os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas captura e gravación de vídeo dixital de escritorio.
- Obterá coñecementos e habilidades no uso de ferramentas dixitais para a gravación e emisión de vídeo.
- Localizará e obterá recursos dixitais de forma ética e legal para complementar as súas composicións multimedia.
- Creará un deseño para a gravación do escritorio, combinando elementos como pantallas, cámaras web, imaxes, texto...
- Coñecerá os diferentes modos e estilos de gravación e configurará as contornas de gravación en función do modo elixido.
- Procederá e controlará á gravación, como configurar parámetros de gravación tanto de forma simple como avanzada.
- Distinguirá a edición lineal e a non lineal e coñecerá diferentes alternativas de editores de vídeo.
- Creará proxectos de edición, engadirá recursos multimedia a un proxecto, dividirá e recortará vídeos, reordenará diferentes partes dun vídeo e exportará e gardará nun formato reproducible.
- Inserirá e configurará transicións entre recursos multimedia, xestionará varias pistas multimedia e integraraas no proxecto.
- Engadirá filtros e efectos de vídeo, de son, texto e créditos aos proxectos de edición de vídeo.
Metodoloxía
O curso, que vai dirixido a todo usuario con traballo ofimático e transmisor de información con intereses na captura e edición de vídeo para compartilo a través de aulas virtuais e plataformas de vídeo e streaming, é eminentemente práctico. Comezarase con tarefas básicas de configuración das ferramentas empregadas, adaptación das contornas de traballo, capturas/edicións sinxelas... para logo ir aumentando paulatinamente complexidade dos traballos para conseguir resultados máis interesantes e logrados
Como complemento e para dar un maior apoio ao alumno, solucionando dúbidas así como outros aspectos e dinámicas, utilizaranse foros e mensaxería privada, ademáis, realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom.
Temario
Interface e configuración do SW de captura
- Software libre e software non libre
- Conceptos básicos
- Software de captura e edición de vídeo
- Captura de vídeo: OBS Studio
- Acceso e descarga
- Espazo de traballo
- Configuración básica
- Escenas e fontes
- Deseño do lenzo
- Obter recursos libres
Captura de vídeo
- Transicións
- Modos de gravación
- Modo simple
- Modo de estudio
- Vista múltiple
- Teclas rápidas
- Gravando
Edición de vídeo
- Introdución a edición de vídeo
- SW de edición de vídeo
- Shotcut: introdución
- Descarga e instalación
- Primeiros pasos
- Interface
- Edición básica
Edición de vídeo avanzado
- Transicións
- Multipista
- Filtros
- Filtros de vídeo
- Filtros de son
- Filtros de tempo
- Títulos e créditos
- Fotogramas clave
- Exportación
- Atallos de teclado