
Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
LibreOffice e OpenOffice son proxectos licenciados en software libre, e están dispoñibles de balde para seren descargados en varias plataformas.
O obxectivo deste curso é amosar ao alumnado trucos e boas prácticas á hora traballar e crear documentos ofimáticos para un entorno académico/universitario/profesional, e así conseguir elaborar documentos de calidade, con resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación. Darase as nocións suficientes para elaborar con garantías documentos para grandes proxectos, proxectos de fin de grao ou teses, crear documentación técnica e matemática, manter bibliografías, editar de forma colaborativa, controlar versións de documentos, asinar dixitalmente, configurar e adaptar as contornas de traballo, etc.
Tamén se obterán os coñecementos necesarios para unha correcta configuración do paquete ofimático, ben sexa LibreOffice, personalización e adaptación dos mesmos, así como onde obtelo e como complementalo con máis funcionalidades a través das extensións.
Competencias a desenvolver
- Adquirir novas destrezas no uso diario do computador
- Elaborar material dixital de forma eficiente, estándar, perdurable e conforme a lexislación actual
- Obter recursos multimedia legais e respectando a propiedade intelectual
- Descubrir novas opcións e posibilidades en contornas ofimáticas
- Afondar nas aptitudes ofimáticas
- Aumentar a produtividade no traballo ofimático diario
- Configurar e adaptar o entorno ofimático ás pretensións e necesidades do usuario
- Coñecer as licenzas que faciliten compartir o noso traballos
- Xestionar versións de traballos
- Sinatura dixital de documentos ofimáticos
- Protexer o noso traballo ofimático
- Coñecer o obter tipografías libres de regalías e patentes para os documentos
Metodoloxía
O curso será eminentemente práctico e adaptado para diferentes niveis. Tanto se es un usuario habitual da ofimática como un iniciado, neste curso daranse as nocións suficientes para dar un salto de calidade na elaboración de documentos ofimáticos. As habilidades que se obterán facilitarán enormemente a creación de traballos de documentación, sendo máis áxiles e rápidos na elaboración dos mesmos e cuns resultados finais moito máis profesionais.
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Writer. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que se terá en conta:
- Participación (10 horas de conexión como mínimo)
- Avaliación continua mediante: probas, consulta en foros etc...
- Posibilidade dunha proba final
Realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom, nas que plantexar e solucionar dúbidas así como outros aspectos e dinámicas.
Temario
Introdución
- Software Libre e software non libre
- Cultura Libre e Creative Commons
- Obter recursos libres
- Formatos estándares
- Ofimática: paquetes ofimáticos
- Suites ofimáticas
- Apache OpenOffice/LibreOffice
- Versións e diferencias
- Obtención e descarga
- Contorna de traballo do Sistema Operativo
- Execución eficiente de aplicacións
- Atallos de teclado comúns
- Manexo e colocación eficiente de fiestras
- Xestión de procesos
- Monitorización e control de procesos
Creación dixital de documentos enriquecidos
- Estilos e formatado
- Modelos
- Tipografías e fontes libres
- Referencias bibliográficas
- Exportar a PDF de calidade
- Trucos e boas costumes
- Barra de estado
- Vistas do documento
- Navegación rápida polo documento
- Seleccións non consecutivas
- Pegado especial
- Atopar e substituír avanzado
- Separación Silábica
- Comentarios
- Índices automáticos
- Numeración de capítulos
- Campos de entrada
- Xestión da bibliografía
- Notación científica-matemática
- Control de versións
- Edición colaborativa
- Asinado dixital de documentos
Configuración e personalización de LibreOffice
- Configuración
- Opcións xerais
- Opcións de Carga e Gardado
- Opcións de Idioma
- Autocorrección e autocompletado
- Personalizar
- Atallos de teclado
- Menús
- Barras de ferramentas
Extensións
- Descarga de extensións
- Xestor de extensións
- Extensións engadidas por defecto
- Máis extensións