Competencias
Son competencias do Consello de Goberno

A aprobación do programa xeral de actividades

Orzamento ordinario
A aprobación e liquidación do orzamento ordinario

Programas de investimento
A aprobación de programas de investimento

A aprobación do programa xeral de actividades

Orzamento ordinario
A aprobación e liquidación do orzamento ordinario

Programas de investimento
A aprobación de programas de investimento

Bens mobles e inmobles
A adquisición de bens mobles e inmobles destinados ao cumprimento do obxecto do consorcio

Convenios
A aprobación de cantos convenios sexan precisos para o cumprimento dos seus fins

Achegas do sector público
O artellamento de programas que reciban achegas do sector público comunitario, estatal, autonómico ou local, e dos sectores privados, universitarios ou organizacións internacionais

Contratos
A aprobación e adxudicación de cantos contratos sexan precisos para o cumprimento dos seus fins

Gastos e pagamentos
A autorización e disposición de gastos e pagamentos dentro dos límites orzamentarios, agás delegación expresa

Incorporación ao Consorcio
A aprobación de incorporación ao Consorcio doutras universidades ou entidades públicas ou privadas, de acordo co previsto nestes estatutos

Accións administrativas e xudiciais
A aprobación das accións administrativas e xudiciais

Interpretar os estatutos
Interpretar os estatutos do Consorcio e establecer as normas de réxime interno e as complementarias que sexan precisas, de acordo coa lexislación vixente

Modificación dos estatutos
Acordar a modificación dos estatutos, a separación de membros do Consorcio por incumprimento, ou a extinción do Consorcio

Normas de réxime interno
A aprobación de normas de réxime interno do Consorcio
Calquera outra de índole xeral e análogas ás anteriores conforme a lexislación vixente

Comisión executiva
Poderá nomearse unha comisión executiva de conformidade coas normas de réxime interno do consorcio á que se lle poderán delegar parte das funcións do Consello de Goberno, así como as decisións en materia de xestión ordinaria que afecten a totalidade das entidades consorciadas