Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

2025, CXG, GIMP, 1ra edicion
250047
1ra Edición
Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP

Horas:

24 horas

Financiación:

Aporte Universidades

Destinatarios:

Persoal PAS, Persoal PDI

Prazas

PAS

5

PDI

5

PAS

PDI

PAS

10

PDI

10

Datas, Horarios e Sesións

Data Inicio

24/03/2025

Data Peche

25/04/2025

Tipos Formación

Formación Online
Aula virtual (Webinars)

Datas e horarios

x definir

Número Webinars

4

Enlace ao curso

Enlace non requirido ou non creado o curso na plataforma de formación.

Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral

Necesidades a cubrir

Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico.

Prerrequisitos

Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, renomear ficheiros) e interacción básica con calquera sistema operativo de escritorio.

Carácter

Formación en liña a través da Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.es/

Medios necesarios

Un ordenador con acceso a Internet.

Datos persoal Formador e Titor

Persoal formador

Óscar Fernández Carballo

Empresa contratada

Óscar Fernández Carballo

Titor

CIXUG

Descrición

A creación e manipulación de imaxes é unha das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico.


Traballarase principalmente con GIMP, aínda que se farán alusións a outros programas de edición de imaxes, que ao igual que GIMP, tamén serían software libre, como Krita, Scribus e Inkscape entre outros. Preténdese, sobre todo, afacer ao usuario á interface particular de Gimp ao mesmo tempo que se fai un repaso polas ferramentas máis comúns e os conceptos claves necesarios para poder entender calquera documentación, taller ou tutorial posterior sobre estes programas.

Tamén se abordarán outros aspectos interesantes como a busca e obtención de imaxes (fontes de uso legal de imaxes para as nosas composicións), diferenciar entre imaxes de mapas de bits e vectoriais, cando usar unhas ou outras, como integralas nunha mesma composición, e incluso como transformar unhas imaxes dun tipo noutro.

Competencias a desenvolver

1. Coñecer os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
2. Coñecer, obter e capacitar no uso de ferramentas dixitais para a creación e tratamento de imaxes.
3. Coñecer en detalle as contornas de traballo da edición de imaxes, así como as súas ferramentas e as opcións.
4. Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as nosas composicións gráficas.
5. Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
6. Crear ou modificar calquera tipo de imaxe, para combinala en calquera proxecto.
7. Ter presentes os conceptos básicos da cor, para poder elixir un modo de cor ou outro á hora de abordar un proxecto.

Metodoloxía

O curso é eminentemente práctico. Comezarase con tarefas básicas como quitar ollos vermellos, endereitar e encadrar fotografías, realzar cores... para logo ir aumentando paulatinamente complexidade dos traballos para conseguir resultados máis interesantes e logrados.

Empregaranse recursos web propios, como wikis e contornas educativas, que ademais de serviren como repositorio de información, tamén se usarán como métodos de resolución de dúbidas a través dos foros e a mensaxería electrónica.

Para complementar, realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom, nas que plantexar e solucionar dúbidas así como outros aspectos e dinámicas.

 

Temario

1. Introdución

  • Introdución á edición dixital
  • Cultura libre e Creative Commons
  • Formatos de imaxe estándar
  • Conceptos básicos de imaxe e cores
  • Obter software de edición de imaxes
  • Acceso a recursos libres e legais

2. Primeiros pasos

  • Tarefas básicas de edición
    1. Capturar
    2. Escalar
    3. Comprimir
    4. Recortar
    5. Endereitar
    6. Niveis e cores
    7. Modos de cor
    8. Ollos vermellos
  • Capas: Manipulación, flotantes, transformación, combinación

3. Pintando e seleccionando

  • Ferramentas de pintura: pinceis, lata, gradacións...
  • Clonado e reparado
  • Ferramentas de selección
  • Resolución de problemas frecuentes

4. Tratamento da cor, transformacións e filtros

  • Textos
  • Transformacións: aliñamento e perspectiva
  • Ferramentas de cor: histogramas e curvas
  • Máscara de capa
  • Filtros
  • Outras aplicacións de tratamento de imaxes
Scroll ao inicio