
Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
O obxectivo deste curso é dar a coñecer as prestacións do software Scribus para autedición e maquetación. Hai certos traballos dixitais que non se poden levar a cabo con procesadores de texto tradicionais se se queren obter resultados profesionais de publicacións como se poden ver nas revistas, periódicos ou libros comerciais. Para eses casos é necesario un software específico para autoedición e maquetación que faciliten e automaticen a composición, deseño e diagramación de páxinas. Pois Scribus fai posible a creación dunha gran variedade de documentos e formularios, así como a impresión en diferentes formatos, tanto para a publicación a gran escala, como para a distribución a menor escala.
Con Scribus pódese crear calquera tipo de documentos e publicacións: murais ou pósters, fichas de traballo, carteis, dípticos, trípticos, folletos, e-books (libros e revistas electrónicas), periódicos e revistas impresas, boletíns de noticias, libros, formularios, orlas, diplomas, calendarios, certificados, impresos, anuncios, propaganda (publicidade institucional), collages ou composicións cromáticas (expresión plástica), ficheiros PDF protexidos mediante password, formularios en PDF, ficheiros para equipos profesionais de filmación de imaxes, presentacións animadas e interactivas en formato PDF, etc.
Desta forma, una vez finalizado o curso, o alumno estará capacitado para deseñar, crear e maquetar documentos incluíndo textos, columnas periodísticas, imaxes, táboas, formas xeométricas, liñas e outros elementos de composición gráfica. E todo iso cunha liberdade artísitica case total e unha harmonía entre texto e demais obxectos que só poden ofrecer os software de autoedición.
Scribus é un completo programa de autoedición ou DTP (Desktop Publishing), excelente maquetador e alternativa gratuíta e libre a programas profesionais comercias como Adobe PageMaker, QuarkXPress e Adobe InDesign. Fronte ao sofware privativo, Scribus é un potente software que ofrece un excelente rendemento na creación asistida de publicacións mediante ordenador.
Competencias a desenvolver
- Coñecer os programas específicos para a autoedición
- Coñecer as posibilidades que ofrece a autoedición
- Expresar a creación e innovación artística en formato dixital
- Compoñer e distribuír elementos de deseño de forma profesional
- Crear e maquetar formatos dixitais
- Adquirir coñecementos da xestión da cor e o seu comportamento na impresión
- Crear documentos con resultados profesionais
- Coñecer e usar formatos estándares para a autoedición
- Obter recursos multimedia legais respectando a propiedade intelectual
- Compartir o noso traballo de forma legal, masiva e baixo as condicións que se desexen
- Configurar e adaptar o entorno de maquetación ás pretensións e necesidades do usuario
- Coñecer as licenzas que faciliten compartir os nosos traballos
- Preparar documentos para a impresión
- Crear revistas e libros con resultados profesionais
- Protexer os nosos proxectos
- Coñecer o obter tipografías libres de regalías e patentes para os documentos
Metodoloxía
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Scribus. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:
- Participación (10 horas de conexión como mínimo).
- Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros, etc...
- Posibilidade dunha proba final.
Realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom, nas que plantexar e solucionar dúbidas así como outros aspectos e dinámicas.
Temario
1. Introdución ao curso
- Software Libre e software non libre
- Cultura Libre e Creative Commons
- Obter recursos libres
- Formatos estándares
- Software DTP
- Software comercial privativo vs Scribus
- Obtención e descarga
2. Introdución a Scribus
- Espazo de traballo
- Configurar un novo documento
- Ferramentas de texto
- Inserción básica de imaxes
- Inserción de texto doutros documentos
- Estilos de parágrafos
- Xestión de ficheiros e de proxectos
- Inserción de novas páxinas
- Configuración básica da contorna
- Menús contextuais
- Panel de propiedades
- X,Y,Z
- Forma
- Texto
- Imaxe
- Liñas
- Cores
- Control do fluxo de textos
- Historial de accións
- Traballo con capas
- Formas xeométricas
3. Maquetación avanzada
- Esquema
- Aliñar e distribuir
- Ordenado de páxinas
- Medidas
- Álbum de recortes
- Formas complexas
- Traballo con polígonos
- Conversión a cadros de texto
- Guías e táboas de maquetación
- O editor interno de estilos
- Modelos de traballo
- Xestión da cor
- Degradados
- Novas cores
- Cores de/para imprenta
- Importar cores e paletas de cores
- Creación de índices
- Configuración avanzada
- Formularios
4. Finalización e entrega
- Recolección para a saída
- Exportación a PDF
- Exportación a formatos de imaxe
- Exportación a outros formatos
- Opcións avanzadas de impresión