
Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
A creación visual de composicións gráficas está ao orde do día. Sobre todo nestes tempos, onde a comunicación visual é esencial para achegar información en todo ámbito, dende a educación ou a información, ata a publicidade ou a presentación comercial.
A infografía é outra forma de representación visual informativa na que se combinan diagramas visuais xunto con texto para resumir ou explicar figurativamente ideas e conceptos. Para esta transmisión de información empréganse diversos tipos de gráficos e signos non lingüísticos e lingüísticos (pictogramas, ideogramas e logogramas) formando descricións, secuencias expositivas ou narrativas e mesmo interpretativas. Coa intención ante todo didáctica, a infografía naceu como un medio de transmitir información gráfica de forma máis dinámica, viva e imaxinativa. A infografía aplícase principalmente en revistas, documentos, xornais, folletos, páxinas da internet, educación, libros, etc. O propósito é que os gráficos chamen a atención de quen os visualiza polas cores, imaxes ou deseños. Como o seu impacto visual é moi elevado, provoca viralidad na publicación e incrementa en forma exponencial o alcance da mesma.
Para a elaboración destas tarefas, traballarase principalmente coa aplicación de deseño Inkscape. Esta ferramenta é un editor de gráficos vectoriais potente, cómoda e de código aberto, especialmente compatible cos estándares que se usan en Internet.
Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades necesarias para a creación de elaboradas infografías coas amplas posibilidades que ofrece o mundo vectorial de Inkscape, e por suposto, coa propia imaxinación do creador. Ademais de aprender a usar este programa de edición, tamén se tratarán certos aspectos concretos sobre deseño gráfico. Evidentemente non só se aprenderán a facer infografías, senón moitas outras composicións gráficas máis básicas, como sombras, gradientes, logotipos, sinais, etc, que logo completarán e formarán parte das propias infografías finais.
Tamén se abordarán outros aspectos interesantes como a busca e obtención de imaxes (fontes de uso legal de imaxes para as nosas composicións), diferenciar entre imaxes de mapas de bits e vectoriais, cando usar unhas ou outras, como integralas nunha mesma composición, e incluso como transformar unhas imaxes dun tipo noutro.
Competencias a desenvolver
- Coñecer os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
- Coñecer, obter e capacitar no uso de ferramentas dixitais para a creación de imaxes vectoriais.
- Coñecer en detalle as contornas de traballo da edición vectorial, así como as súas ferramentas e as opcións.
- Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as nosas composicións gráficas.
- Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
- Crear ou modificar calquera tipo de composición visual, para combinala en calquera proxecto.
- Ter presentes os conceptos básicos da cor, composición e escena, para a creación de infografías e composicións complexas.
- Mellorar a calidade de calquera traballo dixital (presentacións, memorias, páxinas web...)
Metodoloxía
O curso é eminentemente práctico. Comezarase con tarefas básicas, para logo ir aumentando paulatinamente complexidade dos traballos para conseguir resultados máis interesantes, logrados, coherentes e integrados.
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Inkscape. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:
- Participación (10 horas de conexión como mínimo).
- Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros etc...
- Posibilidade dunha proba final.
Realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom, nas que plantexar e solucionar dúbidas así como outros aspectos e dinámicas.
Temario
1. Introdución
- Software gráfico libre e software non libre.
- Obtención e instalación.
- Tipos de imaxes e usos.
- Interface gráfica.
- Interface gráfica e Inkscape.
- Obtención de recursos gráficos legais.
2. Deseño Vectorial básico
- Manexo básico de obxectos.
- Formas, propiedades e transformacións.
- Orden Z e capas.
- Textos e caligrafía.
- Recheos, gradientes e trazos.
- Copiar, duplicar e clonar.
3. Nodos e trazos
- Transformacións a trazos.
- Operacións booleanas.
- Manexo de nodos.
- Vectorización.
4. Infografías
- Significado e busca de información.
- Composición e proporción estética.
- Trucos e consellos para un ilustrador.
- Exemplos e traballos completos.
5. Efectos e filtros adicionais
- Filtros.
- Extensións.
- Pixart.
- Interpolación.
- Máis efectos artísticos.